Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
xoves, 08 de outubro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


María Méndez acusa á Xunta de incumprir o seu compromiso e "deixar tiradas na rúa" a 300 persoas sen teito en Vigo

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, acusou este xoves á Xunta de "deixar tiradas na rúa a 300 persoas sen teito", en referenza ás declaracións expresadas onte pola conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, nas que aseguraba que non abriría o edificio da Gota de Leite como centro provisorio de emerxencia social. Asemade, a concelleira nacionalista criticou o incumprimento por parte da Xunta do convenio de colaboración entre o anterior vicepresidente, Anxo Quintana, e a anterior alcaldesa da cidade, Corina Porro, na que se recollía expresamente a posta en marcha desa infraestrutura.




"Dende o BNG apoiaremos calquera tipo de medida que se leve a cabo para esixir o que consideramos de xustiza, porque é unha prioridade para Vigo que se abra o a Gota de Leite xa", afirmou María Méndez. Segundo a edil nacionalista, "onte a conselleira de Benestar Social deu a idea do que van a ser as súas políticas e a idea da austeridade do PP". Neste sentido lembrou que o edificio da Gota de Leite está "listo para a súa apertura", xa que a Vicepresidencia do anterior goberno autonómico efectuou un investimento de 265.000 euros para acondicionalo como Centro de Emerxencia. Ademais explicou que o centro ten xa 6 traballadores que, traballaban anteriormente nesas despendencias, e que os sindicatos reclaman que volvan aos seus postos de traballo.

A concelleira de Benestar Social lembrou que o ex vicepresidente Anxo Quintana e a por entón alcaldesa Corina Porro asinaron un protocolo de colaboración o 15 de novembro de 2006, que foi ratificado en marzo de 2007. Este convenio recollía a colaboración para construir diversas dotacións sociais, entre elas, un centro de emerxencia social. "Esta é a realidade, e o PP falta aos seus compromisos coa cidade e, o que é peor, cos máis necesitados", salientou María Méndez.

A nacionalista indicou que a conselleira está amosando con esta decisión a súa verdadeira política social. A este respecto sinalou que "o de Consellería de Benestar Social deberíanllo quitar, porque lle ven grande".

María Méndez incidiu na necesidade de que a Gota de Lei se abra como albergue provisiorio sen máis dilación e criticou que a Xunta manteña o edificio pechado sen ningún uso mentras a xente sen teito durme na rúa. "A día de hoxe o edificio está pechado pero non sabemos para que o queren", manifestou a edil do BNG.

Asemade, lembrou que a propia Xunta ten deixado sen alternativas ao Concello de Vigo, posto que emitíu informes contrarios á apertuda do albergue na antiga Escola de Hostelería, que o ano pasado empregárase como centro temporal de acollida. "Espero que a Xunta e a Conselleira de Benestar Social recapaciten e busquen realmente o benestar de quen o precisa. Só teñen que abrir unha porta que agora teñen pechada", concluiu.
Mais noticias
O alcalde anuncia que a número dous do Ministerio de Industria visitará en novembro Citroën e astaleiros de Vigo
Abel Caballero insta á Xunta á "apertura inmediata" do albergue e reitera a oferta de cesión da escola de hostelería
Chus Lago presenta a cuarta edición do "Vigo Camiño a Camiño", con novas actividades de educación ambiental
Xa están esgotadas as invitacións para as visitas teatralizadas ao Museo Quiñones de León
Educación do Concello de Vigo pon en marcha o novo programa formativo da Escola Municipal de Teatro
Xabier Alonso insta á Xunta a cumprir o convenio co Concello de Vigo e reformar as pistas de atletismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003