Medio Ambiente inicia unha nova edición do programa "Vigo Camiño a Camiño"
A concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, ven de presentar unha nova edición do programa "Vigo Camiño a Camiño" que comezará o domingo 26 de abril con dúas rutas polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Illas Cíes) e pola zona Fragoselo-Saians.
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán chamar unicamente ao servizo de atención cidadá 010, podendo chamar para cada saída dende o luns anterior. Por tanto, o primeiro día de inscripción é o vindeiro luns, 20 de abril. Todas as actividades son totalemente de balde.
As Cíes, un "clásico"
Ao igual que en anteriores edicións, as Illas Cíes volven ser un dos puntos máis atractivos do programa, dado o seu patrimonio medio ambiental e a valoración rexistrada nas enquisas aos participantes, que resaltan as súas riquezas paisaxísticas e o seu gran valor.
Recupérase a iniciativa das acampadas nas saídas do 9 e 10 de maio, e o 23 e 24 de maio, levando a cabo dúas rutas polas Illas e unha observación nocturna das estrelas e constelacións a cargo da Asociación Astronómica das Rías Baixas.
O ceo da Ría de Vigo
Como novidade desta edición faranse dúas travesías nocturnas en barco o 30 de maio e o 6 de xuño, ata unha zona da ría onde se leve a cabo unha observación do mapa estelar dende este entorno privilexiado.
Camiñar forma parte dun estilo de vida saudable
O Concello de Vigo forma parte por primeira vez da Rede de Unidades de Concellos Saudables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Saúde Pública. Por tanto, establécense este ano non só obxectivos medio ambientais, senón da mellora da calidade de vida a través da práctica regular de actividade física, os hábitos nutricionais adecuados e finalmente a loita contra o tabaquismo e outras drogas. Nesta línea facilitarase información sobre estilos de vida saudable aos participantes a través dos guías e monitores, dende a Unidade Concello Saudable de Vigo, e dende a propia páxina web do Concello.
Novas rutas
Ademais de repetir as rutas máis valoradas polos participantes (Fragoselo-Saians, Galiñeiro e Monte Alba-Chandebrito), preséntanse como novidades a Ruta Mareal, na que observarase o hábitat da franxa costeira intermareal do entorno do Monte da Guía; e a Ruta da Auga, na que se fará un percorrido seguindo parte do camiño que segue a auga a través da rede de abastecemento de Vigo.
Equipo
Un total de 22 profesionais levarán a cabo un minucioso traballo para que os participantes poidan despreocuparse da organización e prestar toda a súa atención no magnífico entorno da nosa cidade e ría. Contarán co apoio de guías do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, oceanógrafos, biólogos, tripulacións dos barcos de travesía, profesores da Asociación Astronómica das Rías Baixas e finalmente estarán acompañados en todo momento por dous socorristas que velarán pola súa seguridade.
O Programa
26 de abril: Ruta polas Illas Cíes.
Os visitantes deberán estar na dársena da Laxe ás 10:00, e sairán do peirao de Rodas ás 19:00 con regreso estimado ao porto de Vigo ás 20:00
o Ruta Fragoselo – Saians
Os visitantes deberán estar na praza do Rei ás 9:30, e volverán ao mesmo sitio en torno ás 14:30
3 de maio:Ruta do Galiñeiro

9 e 10 de maio:Rutas, observación nocturna de estrelas e acampada nas Illas Cíes
Os visitantes deberán estar na dársena da Laxe ás 10:00 do 9 de maio, e a saída de Cíes está prevista para o domingo 10 de maio ás 17:30 dende o Peirao de Rodas.
10 de maio:Ruta Mareal

17 de maio:Ruta da Auga

23 e 24 de maio:Rutas, observación nocturna de estrelas e acampada nas Illas Cíes
Os visitantes deberán estar na dársena da Laxe ás 10:00 do 23 de maio, e a saída de Cíes está prevista para o domingo 24 de maio ás 17:30 dende o Peirao de Rodas.
24 de maio:Ruta Monte Alba – Chandebrito

30 de maio:Travesía nocturna en barco pola ría de Vigo e observación das estrelas.
Os participantes deberán estar na dársena da Laxe as 22:00 e volverán ao mesmo sitio aproximadamente as 00:30
6 de xuño:Travesía nocturna en barco pola ría de Vigo e observación das estrelas