O Vigo Bike Contest levará 400 "bikers" a Fragoselo e Caballero di que "apostamos por eventos deportivos de máxima calidade"
Abel Caballero, alcalde da cidade, presentou a Vigo Bike Contest, XIII Trofeo Cidade de Vigo, que esta fin de semana dispútase nos montes de Fragoselo, a referencia local tradicional do mountain bike. O rexedor, que se montou unha das bicicletas de montaña coas que os corredores compiten, chanceou lembrando os seus tempos de mocidade. "Se houbese estas bicicletas naquela época... Esta vai soa!".
![1334766546bici.jpg 1334766546bici.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1334766546bici.jpg)
Este clásico do calendario nacional e internacional (a proba xa foi Copa do Mundo de 2005 a 2007 e Copa de Europa en 2008 e 2009) ten baremo C1 da UCI (Unión Ciclista Internacional) e a Coruxo acudirán numerosos "bikers" dispostos a sumar puntos para o seu país polas prazas olímpicas de Londres. "É a única que se manexa en España con esta puntuación", sinalou o alcalde, que estivo acompañado na rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón; a responsable de Relacións Públicas e Mercadotecnia de Begano, María Troncoso; e Guillermo Janeiro, director da proba.
O Vigo Bike Contest conta con catro especialidades diferentes. Unha proba de Mini DH (descenso contrarreloxo individual), un Enduro (27 quilómetros de descenso entre os tramos de enlace e os cinco tramos cronometrados, que suman uns 10.000 metros) e un Pump Track (nun circuíto moi curto, con montículos e peraltes, mozos e mozas fan filigranas coa bicicleta) que se celebrarán o sábado 21. Para rematar, o Cros Country Olímpico (XCO), que acaparará todo o protagonismo da mañá do domingo 22, é a terceira proba do Open de España de XCO.
A organización confirmou que contará cuns 400 participantes (o prazo para o Enduro xa está pechado e cubríronse as 120 inscricións permitidas; para o resto conclúe este xoves) e entre eles figuran Carlos Coloma (olímpico en Pequín), Sergio Mantecón (líder do Open de España) ou Catriel Soto (corredor arxentino que vén de gañar o Campionato Panamericano) son algúns exemplos xa confirmados para a proba estrela, o cros country (XCO), a modalidade olímpica do mountain bike. O circuíto é similar ao do ano 2000, cando se disputaba a Copa de España.
Caballero asegurou durante a conferencia de prensa que "con estes campionatos amósase que queremos seguir sendo a sede de eventos deportivos da máxima calidade e de participación alta", e valorou o tirón "que este evento ten na xente nova".
Pola súa banda, Manuel Tallón, presidente da Federación Galega de Ciclismo, considerou que a de Vigo "é unha das mellores probas que hai no calendario" e felicitou ao director do evento, Guillermo Janeiro, porque "é un referente do traballo para a mellora do mountain bike". Ademais, sentiuse satisfeito pola inclusión entre as probas do Mini DH, descenso para nenos e nenas nacidos entre 1998 e 2007, "para que gocen e penetren neste deporte".
María Troncoso, en representación do patrocinador privado máis antigo da proba (empezou dende a primeira edición en 1999) asegurou a fidelidade de Begano e declarou que era "importante que os nenos incorpórense a estes eventos" con probas específicas.
Ademais, Guillermo Janeiro lembrou que "parte do equipo olímpico español para Londres estará en Vigo e que veñen os mellores corredores nacionais".
Na proba de Enduro anúncianse nomes de nivel. Vén o español Tomás Misser, que xa gañou Copas do Mundo de Descenso. Destaca tamén o especialista e pioneiro nacional na súa participación en probas de enduro, Pau Reixachs. Pola parte galega os favoritos serán Marcos Balbuena, campión de España M-30, José Manuel Verdía outro dos homes máis rápidos do descenso nacional e os irmáns tudenses Pablo e Andrés Castro.
HORARIOS
Sábado 21 abril
12:00 - Mini DH
14:00 - Entrega Premios Mini DH
14:30 - Enduro
19:00 - Pumptrack
19:30 - Entrega Premios Enduro e PumpTrack
Domingo 22 abril
09:30 - XCO (Cadetes, Féminas, Máster 30 e 40)
11:30 - XCO (Elite, Sub-23 e Junior)
14:00 - Entrega premios XCO (Cross Country)
Descargar todas as imaxes