Presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade..." na Casa Galega da Cultura
Presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano" que terá lugar o xoves, 19 de abril, ás 20:00 h na Casa Galega da Cultura. No acto contarase coa presenza da concelleira de Igualdade, Chus Lago Rey e as tres autoras: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Mª Luisa Abad Abad.
O libro que se vai presentar é unha publicacción dirixida especialmente ao profesorado de ensino secundario, editado pola Concellería de Igualdade de Vigo, que se enmarca nas actuacións recollidas no IV Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Vigo, aprobado polo pleno da corporación municipal en novembro de 2009.
Unha das accións que recolle o plan no eido da educación en igualdade é a da elaboración e edición deste manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar nos centros: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Libro, Día do Medio Ambiente, Día da Liberdade da Prensa, Día do Consumo Responsable, Día dos Dereitos Humanos,Día mundial da Saúde,Día das Letras Galegas, Día de Europa e Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía.
Ademais destas once datas, que por obriga teñen que abordar os centros escolares, tal e como indica o Real decreto 1631/2006, do 29 de decembro, engadiuse unha máis, a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero; contendo así o libro 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria.
Descargar todas as imaxes