Escoitar

Abel Caballero anuncia que as próximas humanizacións xerarán 865 empregos na cidade

O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que o 25 de abril iniciaranse os traballos de humanización de sete rúas de Vigo por valor de case 14 millóns de euros, un investimento municipal que suporá a creación de 865 postos de traballo, entre directos e indirectos.

martes, 17 abr 2012
1334663683Imagen005.jpg
Unha vez iniciadas o 15 de febreiro as obras da segunda fase da reforma de Pintor Colmeiro, o alcalde vigués adiantou que o próximo 25 de abril comezarán os novos traballos de humanización das rúas Brasil, Aragón, Ramón Nieto e Nicaragua, ás que darán continuidade Martínez Garrido, Doctor Marañón e Menéndez Pelayo, que iniciaranse o 2 de maio.

Todas as melloras terán un prazo de execución de seis meses, salvo Doctor Marañón, cunha duración prevista de cinco meses. A estas humanizacións, Caballero engadiu que o 23 de maio arrancará a finalización da reforma da futura escola infantil municipal de Mestres Goldar, en Castrelos.

Estes 865 postos de traballo forman parte do orzamentado polo Concello no capítulo de investimentos para este ano, polo que haberá que engadir os 5 millóns de euros que adica o goberno local para políticas de creación directa de postos de traballo, segundo apuntou hoxe Caballero.

Torrecedeira
Na mesma comparecencia de prensa, Abel Caballero anunciou para este venres a apertura do tráfico en ambos sentidos de circulación no tramo entre Juan XXIII e a Praza da Industria, en Torrecedeira. Este treito foi disposto en dirección única tras ser humanizada a rúa e agora, e a petición dos veciños e tendo en conta a experiencia destes meses, o goberno local retomará o dobre sentido do tramo, unificándoo co resto do vial.
Descargar todas as imaxes