Escoitar

Caballero defende que a cidade está capacitada para ofertar traballo aos licenciados en Vigo

O alcalde participou este martes nunha xornada de divulgación dos programas europeos de mobilidade para os universitarios españois, un evento no que Caballero reclamou que a saída ao estranxeiro ten que ser unha opción máis para ampliar a capacitación pero que o "obxectivo prioritario" sexa ofertar saídas laborais en Vigo.

martes, 17 abr 2012
1334663774ue.jpg
A xornada de emprego e formación, promovida pola Secretaría de Estado da Unión Europea, o Parlamento e a Comisión europeas, tivo lugar na facultade de Telecomunicacións viguesa coa participación duns 150 estudantes universitarios, unha cita para dar a coñecer as posibilidades de xeración de emprego nos países da Unión.

Este programa ve a luz en Vigo para continuar en Barcelona, Sevilla, Valencia, Valladolid e Madrid. Na súa intervención, Abel Caballero defendeu centrar esforzos en ofrecer emprego na cidade, nos distintos ámbitos formativos e profesionais, para que o traballo noutros países sexa unha opción voluntaria máis para complementar a cualificación. "Vigo ten capacidade para ser capaz, superando a crise, de ofrecer emprego ás novas xeracións", asegurou.
Descargar todas as imaxes