O alcalde felicitou aos axentes que cooperaron na desarticulación dunha rede de tráfico ilícito de cobre
Abel Caballero recibiu este mércores aos axentes da Policía Local de Vigo que traballaron na desarticulación dunha rede dedicada ao tráfico ilícito de cable de cobre, operación policial na que foron incautadas 500 toneladas de cobre e imputadas policialmente 22 persoas por recepción e 118 por substracción do material.
Segundo detallaron efectivos da Policía Local de Vigo, esta operación deu comezo en xaneiro de 2011 e alongouse ata o pasado verán, atendendo ao incremento do número de roubos -incluso en equipamento público- derivada da suba de prezos do cobre.
Xunto con outros municipios da súa área metropolitana, Vigo contaba con tres empresas que supostamente recibían o material ilícitamente conseguido, feito que propiciou o inicio da investigación, coordinada e conxuntamente cos corpos e forzas de seguridade do Estado e a Fiscalía provincial. A Policía Local tamén levou a cabo controis á porta das compañías para determinar a orixe do metal.
O obxectivo era detectar e identificar a aqueles que sustraían o cobre -mediante hurtos ou roubos- e aos que o recepcionaban. Finalmente foron incautadas 500 toneladas de cobre e imputadas policialmente 22 persoas vencelladas a empresas chatarreiras e outras 118 por sustracción do cobre.
Descargar todas as imaxes