A rúa Velázquez Moreno acolle o terceiro panel do programa "O espello da memoria"
Co obxectivo de amosar á cidadanía unha parte fundamental do patrimonio fotográfico da cidade, e en particula do Arquivo Pacheco, xa está instalado o terceiro panel do proxecto "O espello da memoria", impulsado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura do Concello de Vigo. Ubicado na rúa Velázquez Moreno, o monolito consta dunha fotografía da autoría de Pacheco que leva por título "Cinema Royalty", en referenza ao cine que existíu neste emprezamento, e un texto explicativo en galego, castelán e inglés.
O panel instalado hoxe amosa a imaxe realizada por Pacheco do cine Royalty no ano 1930 e o texto, escrito en galego, castelán e inglés, explica como en 1908 o propietario dunha sala de proxeccións en Teis obtén o permiso do Concello para instalar un cinematógrafo en Vigo co nome inicial de Salón Vigués. No ano 1916 pasa a chamarse Cinema Royalty e malia que no expediente do edificio figura o arquitecto Álvarez Reyero, as características do edificio indican que é obra do arquitecto francés de orixe polaco Michel Pacewicz. Co inicio da dictadura o cine pasou a chamarse Cinema de Vigo, nome que mantivo ata comezos dos anos sesenta, cando foi derrubado.
"O espello da memoria" é un proxecto integrado por un total de trinta paneis ubicados en distintas rúas de Vigo e que amosan a historia e a evolución da cidade dende a perspectiva cultural, histórica ou topográfica, de forma que tamén sirven de soporte turístico para as persoas que visitan a cidade. Os monolitos están elaborados en metacrilato dun tamaño de dous metros de alto por un de ancho e contan cunha fotografía da autoría de Prósperi ou Pacheco e un texto que proporciona información sobre o espazo urbano no que se asenta. O primeiro deles ubicouse na Praza da Princesa, e o segundo no inicio da rúa do Príncipe, ao carón da Porta do Sol. Os seguintes instalaranse nas rúas Policarpo Sanz, Eduardo Iglesias, Urzáiz, no cruce de Colón, na Escola de Artes e Oficios, García Barbón, Areal, praza de Compostela, Elduayen, Paseo de Alfonso XII, praza do Berbés, avenida de Beiramar, parque Camilo José Cela, praza Xoán XXIII, praza América, Tomás A. Alonso e Bouzas.
Descargar todas as imaxes