Abel Caballero anuncia a "apertura inmediata" en Vigo dunha oficina delegada do Rexistro Mercantil
O alcalde conseguiu este compromiso da Directora Xeral de Rexistros e Notariados do Ministerio de Xustiza, Pilar Blanco-Morales, quen confia en que a orde de apertura, e por conseguinte a posta en marcha da oficina, estea publicada en xaneiro ou febreiro. Abel Caballero mostrouse este xoves moi satisfeito pola resolución dunha "demanda histórica" da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, compareceu hoxe xoves ante os medios para informar da "apertura inmediata" da oficina delegada do Rexistro Mercantil en Vigo, satisfacendo así unha "demanda histórica" da cidade, subliñou o rexedor.
Abel Caballero conseguiu este compromiso da Directora Xeral de Rexistros e Notariados do Ministerio de Xustiza, Pilar Blanco-Morales, quen confia, segundo transmitiu o alcalde, en que en xaneiro ou febreiro estea publicada a orde para a apertura, data na que comezaría a operar.
O acordo é "absoluto" tamén coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, tal e como afirmou o alcalde. Abel Caballero indicou que o Concello estaba disposto a ceder un local se axilizaba os trámites pero será o finalmente o rexistrador o encargado de buscar o emprazamento e costear os gastos da apertura da oficina, pois non acelera o procedemento.
O alcalde mostrouse moi satisfeito pola resolución desta "demanda histórica" da cidade, "transmitida sempre desde a Cámara de Comercio", enfatizou Abel Caballero, xa que Vigo xera o 95% dos trámites do Rexistro na provincia. O rexedor comunicará a nova persoalmente ao propio Presidente da Cámara, José Garcia Costas.
"Boa marcha"
Tras o anuncio da apertura da oficina do Rexistro Mercantil en Vigo, Abel Caballero destacou que os grandes proxectos da cidade son "imparables" pois "é o momento de Vigo".
Deste xeito citou a "boa marcha" de iniciativas como o proxecto da Praza do Rei elaborado polo prestixioso arquitecto Rafael Moneo, que será presentado en xaneiro; o proxecto de ordenación da área central do Porto, elaborado por Nouvel, que a Autoridade Portuaria presentará "en catro meses e sen recortes", avanzou; e os traballos da nova estación intermodal de Urzáiz, que se iniciará nun ano, ademais do túnel de entrada da Alta Velocidade en Vigo, que estará en obras en xaneiro.
Descargar todas as imaxes