Escoitar

O alcalde explica aos veciños o proxecto de urbanización do entorno de Celso Emilio Ferreiro

Abel Caballero explicou hoxe mércores á Mancomunidade de Veciños do Castro a situación na que quedará a zona unha vez se derruben as seis vivendas deshabitadas, previsiblemente a finais do próximo verán. O alcalde lles indicou que se ampliará a rúa no seu treito final e se construirá unha ladeira verde na marxe no lateral. <br />

mércores, 10 dec 2008
1228916894celsoemilioferreiro.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe mércores á Mancomunidade de Veciños do Castro o proxecto de urbanización do entorno de Celso Emilio Ferreiro, unha vez iniciados os trámites para a expropiación e derrubo das seis vivendas deshabitadas da parte inferior, na confluencia coa rúa Venezuela.

Seguindo indicacións dos técnicos de Urbanismo, o alcalde estimou que, a finais do verán de 2009, o Concello estará en disposición de executar o derrubo das "chabolas" e satisfacer así unha demanda dos veciños da zona "desde fai 10 anos", subliñou.

Abel Caballero lles explicou que o proxecto de urbanización contempla ampliar a parte baixa da rúa, para que quede recta en toda a súa extensión, evitando o estreitamento final presente na actualidade. Ademais, adiantou o rexedor, contará cunha ladeira verde no lateral de Celso Emilio Ferreiro.

Aparcamento
O alcalde tratou asemade cos veciños a situación do aparcamento na zona, que conta en ocasións con "dobre ou tripla fila". Abel Caballero avanzou que se estudará conxuntamente cos afectados a posibilidade de xerar espazos de estacionamento no entorno, e comentou que se está a barallar unha localización de 500 metros cadrados, de terreo privado, para aparcar e incluso ampliar un pouco as beirarrúas de Celso Emilio Ferreiro.
Descargar todas as imaxes