María Méndez salienta que as deficiencias do alumeado detectadas por Urbanismo xa están arranxadas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este mércores que a empresa encargada do mantemento do alumeado de Nadal xa arranxou as deficiencias detectadas polos técnicos municipais respecto aos diferentes elementos de suxeción e os anclaxes. Así, a edil sinalou a pertinencia de esperar ata hoxe para facer as valoracións oportunas posto que aínda que onte recibiu o informe de Urbanismo, non foi ata esta mañá cando recibiu o informe emitido pola empresa.
"O informe emitido pola empresa encargada do alumeado reflicte que se levan varias noites corrixindo os defectos atopados nos puntos de anclaxe do alumeado", salientou María Méndez. A concelleira lembrou que no mesmo momento que aconteceu o accidente da rúa Príncipe, dende Tenencia de Alcaldía xa se dera orde de paralizar a colocación do alumeado que restaba por colocar na cidade, así como o reforzo dos elementos de suxeición do tendido xa instalado. "Hoxe podemos dicir que xa están subsanados os erros atopados polos técnicos municipais e que reflicten no seu informe", sinalou a concelleira de Benestar Social.
En canto a contratación da empresa, a edil nacionalista indicou que hai tres anos se asinou o contrato coa empresa encargada do mantemento do alumeado público e nese contrato figura unha cláusula específica sobre o alumeado das festas e de Nadal, "polo que non é preciso que vaia á Xunta de Goberno Local". Deste xeito a colocación do alumeado de Nadal e festas no prego de condicións da adxudicación polo que non é preciso renovar o contrato anualmente.