Voluntariado inicia unha campaña de comunicación do servizo
A Oficina Municipal de Voluntariado está a desenvolver unha campaña informativa para dar a coñecer as liñas de actuación do servizo e conseguir das persoas e axentes sociais a súa participación no traballo.
![1228918076voluntariado1.jpg 1228918076voluntariado1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1228918076voluntariado1.jpg)
O fin de campaña é dar a coñecer á OMV e despertar a sensibilidade da poboación en xeral da cidade para que colaboren nos proxectos que se están a desenvolver. A campaña desenvolvese mediante información na radio, impresión de carteis mupis distribuidos pola cidade; impresión de tarxetóns e marcapáxinas.
A través da OMV toda aquela persoa interesada en ser voluntaria poderá participar en diversas actuacións como: acompañamento a persoas maiores, menores e discapacitados; medioambientais;eventos puntuais e voluntariado en Entidades de Acción Voluntaria (EAV).
Descargar todas as imaxes