Vigo sorprende aos touroperadores franceses na presentación da súa oferta turística en París
Máis de 280 axentes de viaxes de París coñeceron onte as potencialidades de Vigo como destino turístico e a súa posición como porta de acceso para visitar Galicia nun acto que se desenvolveu no hotel George V da capital parisina e no que participaron o director xeral de Turismo, Rubén Lois, a concelleira Iolanda Veloso e o director da Oficina de Turismo de España en París, Jaime Axel. A proposta de Vigo sorprendeu aos touroperadores galos, que non coñecían a ampla oferta que a cidade ofrece para abrir novos mercados.
Este acto vai permitir establecer novos contactos cos xestores dos paquetes turísticos de Francia, segundo sinalou Rubén Lois.O director xeral de turismo salientou a que a conexión directa entre Vigo e París que ofrece Air France debe ser a principal vía de acceso do turismo francés a Galicia. Ese foi o aspecto que se quixo reforzar con este acto, xa que esa unión sitúa a nosa cidade como un lugar estratéxico para a apertura do mercado francés.
Rubén Lois fixo fincapé nas posibilidades que Vigo ofrece para o visitante e puxo en valor a capacidade da cidade para ofrecer unha combinación perfecta entre a tradición e a vangarda. Incidiu tamén na vinculación que, tanto Vigo como Galicia, teñen co mar e as súa posibilidades para o turismo náutico, pero tamén para enganchar a aqueles turistas que buscan destinos naturais e vinculados ao termalismo ou a aspectos culturais.
A concelleira Iolanda Veloso, en representación do tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, que finalmente non puido acudir, presentou polo miudo aos touroperadores franceses a oferta turística de Vigo, baseada no turismo urbano, un dos máis demandados na actualidade, e na ría, que ofrece as mellores condicións para o turismo naútico. Iolanda Veloso indicou que a ligazón económica que Vigo ten con Francia a través da factoría de PSA Peugeot-Citroën "agora queremos reforzala aínda máis vinculándoa co noso sector turístico". A concelleira fixo unha invitación expresa aos asistentes para que non deixaran de achegarse á nosa cidade é comprobar por eles mesmos as potencialidades que Vigo ofrece para os seus clientes.
O acto iniciouse cun cóctel servido polo restaurante "Eirado de Leña", que presentou unha selección da gastronomía galega máis selecta e que incluía, entre outros elementos, empanada, mexilóns, chourizos, lacón... Posteriormente ofreceuse unha cea que rematou coa actuación do grupo de música galega Ialma, residente en Bruselas, e o colectivo musical vigués de rap Licor Café, que engaiolaron aos asistentes. Como remate sorteáronse 10 viaxes entre os axentes de viaxes para que coñezan Vigo e sexan despois os mellores embaixadores para vender o noso destino turístico.
O director xeral e a concelleira en declaracións posteriores aos medios amosaron a súa satisfacción pola boa acollida que tivera entre os touroperadores a presentación da oferta turística de Vigo e o interese moitos deles expresaron por ampliar a información do destino. Rubén Lois adiantou que actos deste tipo vanse a realizar para promocionar Vigo noutras cidades e tamén que se continúa a traballar intensamente para reforzar as conexións aéreas da cidade, xa que é un aspecto fundamental para potenciar á cidade como destino turístico.
Descargar todas as imaxes