Escoitar

O teatro chega á parroquia de Saiáns da man do circuíto municipal "Vigo a Escena"

A programación do circuíto teatral do "Vigo a Escena", organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, leva o teatro o sábado, 13 de decembro, á parroquia de Saiáns da man da compañía The Pinga Teatro. A AVV San Xurxo de Saiáns acollerá ás 18.30 horas a obra "Unha rosa no xardín", dirixida a un público familiar. <br /> <br />

venres, 12 dec 2008
"Dende a Concellería de Cultura temos como un dos nosos firmes propósitos achegar a cultura a toda a cidadanía e o programa Vigo a Escena é unha boa mostra deste obxectivo", salientou Xesus López. Ademais, segundo o edil nacionalista deste xeito poténciase o coñecemento do traballo que están a desenvolver as compañías de teatro viguesas.

A compañía The Pinga Teatro representará o día 13, ás 18.30 horas, a obra dirixida a un público familiar "Unha rosa no xardín" na AVCD de Lavadores. Trátase dunha historia chea de emocións e vivencias na que o can, os paxariños e as serpes e, por suposto, unha rosa, son os protagonistas.