Escoitar

O alcalde constata co grupo parlamentario socialista a "magnífica saúde" dos grandes proxectos de Vigo

Abel Caballero e os deputados socialistas no Parlamento de Galicia analizaron hoxe venres o estado dos proxectos autonómicos en Vigo, un encontro de "gran relevancia política" no que o alcalde transmitiu o "momento especial" da cidade, no que "todas as grandes demandas históricas, sen excepción, teñen luz verde".

venres, 12 dec 2008
1229089581P1010146.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres ao grupo socialista no Parlamento de Galicia, encontro "de gran relevancia política" no que constataron a "magnífica saúde" dos grandes proxectos autonómicos en Vigo.

Uns 20 deputados, encabezados pola viguesa e Presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, intercambiaron opinións e puxeron en común as actuacións autonómicas en Vigo co alcalde, quen lles transmitiu o "momento de despegue importantísimo" que experimenta a cidade, pois "todas as grandes demandas históricas, sen excepción, teñen luz verde", tras o que citou os exemplos da nova depuradora ou o gran hospital.

Abel Caballero agradeceu ao voceiro autonómico do grupo socialista, Ismael Rego, con quen compareceu conxuntamente, que Vigo estea a "recorrer o camiño deica o futuro acompañados" pola Xunta de Galicia e polo PSdeG-PSOE en particular.

Rego, pola súa banda, dedicou sendas mostras de admiración a Abel Caballero, "un dos meus mestres", declarou, do que definiuse como "fan". O voceiro socialista afirmou que "Vigo exerce unha posición de liderado moi clara nas Directrices do Territorio", en fase de tramitación pola Xunta de Galicia.

Ismael Rego mostrou a súa "satisfacción" pola "xuntanza produtiva" co alcalde, pois "Vigo é unha peza fundamental de Galicia", subliñou. Ao respecto do estado da cidade, o voceiro salientou que "Vigo ten o liderado do seu alcalde", quen ten "boa sintonía" cos proxectos de Emilio Pérez Touriño na Xunta de Galicia e de José Luís Rodríguez Zapatero no Goberno de España.
Descargar todas as imaxes