xoves, 23 outubro 2008

Santi Domínguez salienta o avance que se está a dar na mellora do mantemento das rúas do Casco Vello

xoves, 23 out 2008

O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, salientou este xoves os avances que se están a producir na mellora do mantemento das rúas do Casco Vello. Así o destacou esta mañá no transcurso da visita de inspección aos traballos de reforma de rúas que se están levando a cabo no barrio histórico vigués, e na que indicou que xa son máis de vintes as actuacións desenvolvidas co programa de limpeza de fachadas, tal e como se pode comprobar na praza da Pedra e na rúa Real, entre outras.

A exposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística permanecerá na Estación Marítima do 24 de outubro ao 7 de novembro

"As nosas palabras, os nosos mundos" chega a Vigo para difundir o plurilingüismo como oportunidade de negocio

xoves, 23 out 2008

Tras a súa estadía en Bruxelas, a exposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística "As nosas palabras, os nosos mundos" chega á Estación Marítima de Vigo, onde permanecerá do 24 de outubro ao 7 de novembro. Na cidade olívica, a mostra incidirá no plurilingüismo como unha oportunidade de negocio, xa que cada vez son máis os consumidores que reclaman ser atendidos na súa lingua. Neste sentido, a mostra pon de manifesto o uso do galego como un valor engadido para mellorar a competitividade das empresas.

Inauguración do curso escolar da Escola Municipal de Música

xoves, 23 out 2008

A Escola Municipal de Música celebrou o mércores 22, o acto de inauguración do curso escolar 2008/2009, ao que asistiu o alcalde e a concelleira de Educación, Laura López Atrio. A escola con 385 prazas ten catro niveis de ensino: música e movemento, plan xeral de estudios, plan de estudios para adultos e plan de acceso ó conservatorio.