Inauguración do curso escolar da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música celebrou o mércores 22, o acto de inauguración do curso escolar 2008/2009, ao que asistiu o alcalde e a concelleira de Educación, Laura López Atrio. A escola con 385 prazas ten catro niveis de ensino: música e movemento, plan xeral de estudios, plan de estudios para adultos e plan de acceso ó conservatorio.
Na actualidade o centro conta con 385 prazas e realiza unha programación anual estable: Concerto de inauguración do curso escolar, Concerto de Sta.Cecilia "Serán Ceciliano", Concerto de Nadal, Concerto de Entroido, Concerto Novos músicos, concurso de composición novasmusicas, concertos trimestrais, concertos espontáneos, Concerto didáctico "Música e Movemento", Concerto "día internacional da Música"....
A Escola abarca os seguintes niveis de ensino: Música e movemento (de 4 a 7 anos); Plan Xeral de Estudios (de 8 a 15 anos); Plan de estudios para adultos (a partir de 16 anos) e Plan de acceso o Conservatorio
Imparte tres bloques de materias: Práctica Instrumental con 13 especialidades: Violín, viola, violonchelo, contrabaixo, trompa, trompeta, trombón, tuba, frauta, clarinete, saxofón, piano, e guitarra. Formación complementaria e actividades de conxunto. Tres niveis de ensino: básico, medio e avanzado.
O seu proxecto educativo conta con distintas formacións Orquestra Sinfónica, Orquestra de Corda, Banda de Música, Coro, Orquestra infantil, Banda infantil, e grupos de Instrumento Colectivo e Grupo de Percusión.
O curso 2008-2009 estará adicado no primeiro cuatrimestre a Música POP e celebrarase un homenaxe a Rimsky korsakov polos 100 anos do seu falecemento no Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Vigo no Auditorio do Centro cultural de Beade, e no segundo cuatrimestre aos Musicais onde realizaranse distintas actividades das cales destaca a colaboración entre a Escola Municipal de Música e a de Teatro na realización dun "Musical" para finais de curso, froito do concerto das Escolas Municipais de Vigo organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo.
A finais deste curso está programado a inauguración do novo Auditorio da Escola Municipal de Música que significará unha gran mellora para desenvolver as actividades educativas e a realización de concertos e conferencias.
A Escola
Inaugurada o 22 de setembro de 1997, levan desenvolvendo a súa actividade educativa durante 12 cursos incrementando as prazas dende as 228 da súa inauguración as 385 que conta na actualidade. Ten 19 profesores, 13 especialidades instrumentais, 5 materias de formación complementaria e 7 materias de actividades de conxunto.
Ademais conta cunha Biblioteca cun amplo fondo de partituras e libros no que destacan os doados por unha persoa anónima que datan de principios do século pasado cun gran interese histórico e as modernas edicións aportadas pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo no ano 2007, un fondo instrumental destinado aos alumnos de primeiro ano de instrumento e as familias con poucos recursos económicos.
A Escola organizou no ano 1999 coa Asociación Galega de Escolas de Municipais de Música (AGEMM) o I Congreso Galego de Escolas de Música. No ano 2000 participou con varios alumnos no Coro e a Bigband que a AGEMM mostrou no VI Festival Internacional de Música dos Xóvenes Europeos "Trondheim 2000". Participou cos alumnos de Movemento, Coro e Conxunto Instrumental coa Orquestra Clásica de Vigo nos concertos para escolares Caixanova nos anos 1998, 1999 e 2000 dentro dos programas Música e Movemento: "A mota de Pó", "Canta connosco - Peer Gynt", e "Conta o noso conto – Fogueira de Inverno".
Debemos subliñar o concerto da Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo no Teatro Municipal de Olot (Girona) o 18 de Maio de 2001, a participación do Coro da Escola xunto ca Ópera de Cámara de Madrid no Festival Internacional de Música "Are-More" de Vigo no ano 2002 ca obra "O pequeno Desenfeluxador" de B. Britten, cun gran éxito de crítica e público. A xira de concertos didácticos "O carnaval dos animais" en maio do ano 2003 e "Moldava" no 2004 na cidade de Vigo dentro do programa "Xogas" organizado polo Servicio de Normalización Lingüística e a Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo. Participou no Concerto didáctico "Escoita o que pintas: Pedro e o Lobo" no Teatro Principal de Santiago de Compostela e no Teatro Principal da Estrada no ano 2007.
No curso 2004/2005 realizou un intercambio ca Escola Municipal de Música de Zaragoza que culminou cunha actuación no Auditorio de Zaragoza o 8 de febreiro de 2005 e no Auditorio Martín Codax de Vigo o 5 de marzo de 2005. Realizou varios encontros de práctica orquestral en Ribadeo no ano 2004, en Allariz no 2006, en Cambados no 2007 e en Guimaraes (Portugal) no 2008. Ademais ten realizado ca banda e ca orquestra infantil intercambios con outras escolas municipais de música como Santiago de Compostela en 2005, Moaña en 2006, Caldas de Reis en 2007 e Sanxenxo en 2008.
Durante o curso escolar 2007/2008 realizáronse 50 actividades musicais nas que destacan: a conferencia "Como se fai unha ópera" a cargo de Guillermo Carbonell, rexedor do Teatro Real de Madrid, a Opera Manolo e Guille no festival de entroido, a clasificación para a fina da I Mostra Musical "Eixo Atlántico" celebrada en Vilagarcia o 19 de abril de 2008, o concerto da orquestra na Cárcere da Lama, a participación no I concerto das escolas municipais de Vigo organizado pola concellería de educación, o concerto da Orquestra e a Banda de Música no Auditorio da Universidade de Guimaraes (Portugal), e a participación destas dúas agrupacións no Iº Encontro Galego de Escolas Municipais de Música organizado pola AGEMM que reuniu a 500 músicos o 21 de xuño de 2008 en Santiago de Compostela.
Descargar todas as imaxes