mércores, 22 out 2008
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a adxudicación de 794.000 euros para a mellora do abastecemento e de beirarrúas en distintas parroquias de Vigo. O alcalde destacou que o gasto municipal en humanizacións durante este ano xa supera os 10 millóns de euros, "a maior da historia da cidade".
mércores, 22 out 2008
O próximo 23 de outubro comeza no MARCO o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.
mércores, 22 out 2008
A primeira Mostra de Arte Téxtil e Patchwork pode visitarse ata o vindeiro domingo na Casa da Cultura e o Centro Cívico do Casco Vello. A exposición, que reúne as obras de creadoras de arte téxtil, xa foi visitada por dúas mil persoas dende a súa apertura, o pasado día 16 de outubro.
mércores, 22 out 2008
No marco do Espazo Proxecta, o primeiro andar do Puntoxove da Concellería de Xuventude, acolle mañá, 23 de outubro, a proxección das imaxes da "Expedición Feminina á Cordilleira dos Andes". Ademais, o venres día 24 sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil desta concellería. De 10:00 a 13.30 horas estará ubicado na Praza de América.
ANUNCIO MOBILIDADE E SEGURIDADE<br />
mércores, 22 out 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de instalación de colectores soterrados, a realizar pola empresa HIDROSCIVIL, estará pechada ao tráfico a rúa Aragón, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 23 de setembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.