A Casa da Cultura e o Centro Cívico do Casco Vello acollen ata o domingo a primeira Mostra de Arte Téxtil e Patchwork
A primeira Mostra de Arte Téxtil e Patchwork pode visitarse ata o vindeiro domingo na Casa da Cultura e o Centro Cívico do Casco Vello. A exposición, que reúne as obras de creadoras de arte téxtil, xa foi visitada por dúas mil persoas dende a súa apertura, o pasado día 16 de outubro.
A primeira Mostra de Arte Téxtil e Patchwork, que estará en Vigo ata o vindeiro domingo 26 de outubro, pódese visitar na Casa da Cultura de luns a venres de 18 a 21:30 horas; o sábado de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 horas; e o domingo de 11 a 14 horas. Pola súa banda, no Centro Cívico do Casco Vello, a exposición permanece aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17:30 a 21:30 horas e o sábado de 10: a 13:30 horas.
A delegada de Pontevedra da Asociación de Patchwork de España, Aurelia Costas Pumar, agradece á Concellería de Cultura do Concello de Vigo e ao seu titular, Xesus López, o seu apoio á organización da mostra. Considera que "é a primeira vez que a cidade acolle unha mostra de arte téxtil con artistas de primeiro nivel mundial", de xeito que se trata "dunha oportunidade para dignificar a chamada arte feminista, feita tradicionalmente polas mulleres", aínda que na actualidade é practicada por artistas mulleres e homes en todo o mundo. "Non entendo porque para algúns críticos a arte feita cunha pincel ou cun buril é máis valorado que o feito con agulla e teas", sinala.