O alcalde estima que os orzamentos autonómicos son "axeitados para o momento de despegue dos grandes proxectos da cidade"<br />
Abel Caballero valorou positivamente as partidas orzamentarias para 2009 destinadas pola Xunta de Galicia a Vigo, pois "sitúa os grandes proxectos da cidade e os coloca na senda da realización". O alcalde destacou o "impulso definitivo" que reciben o novo hospital de Vigo, a depuradora, o Porto Seco, o Auditorio e os proxectos do Vigo Íntegra, entre outros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu os orzamentos autonómicos de 2009 para Vigo como "axeitados para o momento de despegue dos grandes proxectos da cidade de Vigo". O rexedor estima que as partidas están "acorde" ao estado das iniciativas importantes do municipio e as "coloca na senda da realización".
O rexedor vigués recalcou que teñen partidas asignadas todos os grandes proxectos que están en condicións de ser licitados e iniciada a súa construción, mentres que aqueles que se atopan en fase de declaración ambiental "tamén as terán no futuro".
Abel Caballero salientou algúns dos proxectos que reciben nestes orzamentos o seu "impulso definitivo", como o novo hospital, "o segundo máis importante de Europa", que obtén 26 millóns de euros e ve programado e plasmado o seu investimento ata a finalización do proceso orzamentario no ano 2013.
O alcalde tamén destacou que a depuradora "arranca definitivamente con 110 millóns de euros", cantidade suficiente para a licitación, a contratación e o inicio da execución da obra.
O rexedor sinalou que os proxectos do Plan Íntegra están presentes con 15 millóns de euros nas contas de Política Territorial para 2009, e citou a conexión da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves coa A-52 --con 8,6 millóns de euros--, "obra de importancia capital para a cidade", explicou Abel Caballero; a mellora da estrada que une Vigo con Baiona --con 7,5 millóns--, que a converterá nunha "via urbana para a utilización dos cidadáns"; ou o novo acceso ao campus universitario.
O mandatario local mostrouse asemade satisfeito polas partidas adicadas por Educación ao colexio Virxe do Rocío e ao IES Manuel Antonio, e polos 13,5 millóns de euros xa abonados pola Xunta de Galicia para o Auditorio Pazo de Congresos, do total de 18 millóns que completan a súa achega. Nesta obra, o organismo autonómico vai por diante da capacidade de gasto do Concello, segundo explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes