martes, 21 out 2008
A concelleira de Vías e Obras do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, presentou este martes as diferentes actuacións levadas a cabo na rede municipal para reducir o consumo de auga na cidade. Os 2,5 millóns de metros cúbicos de auga aforrados o pasado ano en Vigo abastecerían a un municipio de 34.000 habitantes durante todo un ano, salientou a edil.
martes, 21 out 2008
O vindeiro domingo, 21 de outubro, a sexta edición do programa "Camiña e coñece" percorrerá a parroquia de Valadares, segundo anunciaron este martes o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Os concelleiros nacionalistas subliñaron que potenciar hábitos saudabeis, como camiñar, e potenciar o coñecemento da nosa cidade son os dous fins fundamentais do "Camiña e coñece", que xa percorreu a zona do Ensanche e Casco Vello, o paseo do Lagares, a parroquia de Candeán, o litoral vigués dende Bouzas ao Museo do Mar e os lugares máis emblemáticos da cidade en relación coas letras galegas.
martes, 21 out 2008
Theatre in english comezou onte no Colexio Público García Barbón e está previsto que participen máis de 5.000 escolares vigueses, que asistirán tanto nos seus propios Colexios como no Auditorio Helios de Bembrive a 5 obras especialmente pensadas para o seu uso didáctivo. Así o presentou hoxe martes a concelleira de Educación, Laura López Atrio.
martes, 21 out 2008
A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Iolanda Veloso, presentou este martes o programa de Voluntariado de Activación Lingüística, unha iniciativa deseñada pola Mesa pola Normalización Lingüística para promover a cultura e a lingua galega e para activar a solidariedade e o intercambio cultural. O programa se desenvolverá na cidade en virtude da colaboración da Concellería de Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo manteñen coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza.
martes, 21 out 2008
A sala de exposicións temporais do Museo Municipal Quiñones de León acolle dende mañá, 22 de outubro, a mostra "Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Vigo", na que os visitantes poderán coñecer polo miúdo o labor que na cidade desenvolveron os enxeñeiros de camiños, canles e portos durante o último século. A exposición poderá visitarse de martes a sábados de 17 a 20 horas e os domingos e festivos de 10 a 13.30 horas ata o día 23 de novembro.