O programa "Xantar na casa" dará servizo en Vigo a un mínimo de 50 persoas maiores ou dependentes
A cidade de Vigo disporá, a partir do vindeiro mes, dun novo programa de atención ás persoas maiores ou dependentes, que é o denominado "Xantar na casa", segundo adiantaron este luns o tenente alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Os representantes nacionalistas explicaron que este programa de servizo de comida a domicilio, impulsado pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar, desenvolerase a través dun convenio entre o Concello de Vigo e o Consorcio Galego do Benestar.
"O desenvolvemento desta iniciativa por parte de Benestar Social reflicte a continuidade da aposta do BNG polo gasto social e por poñer distintos servizos a disposición das persoas con menos recursos", salientou o tenente de alcalde, quen indicou que o programa "ten moito que ver coa solidariedade que as administracións temos que exercer de cara ás persoas maiores ou dependentes", persoas ás que precisamente vai adicado o "Xantar na casa". Segundo Santi Domínguez, "collemos o carro de Vicepresidencia, polo que Vigo terá tamén a oferta do servizo de comida a domicilio". Neste sentido, salientou que a cidade "non quere ser menos" na aposta polo gasto social, tal e como amosan os orzamentos municipais para o 2009 nos que xa se están traballando e os orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio.
A concelleira de Benestar Social, pola súa banda, explicou que o programa "Xantar na casa" ten por obxectivo beneficiar ás persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión social. Neste sentido, indicou que as persoas que poderán solicitar a participación na iniciativa serán persoas maiores de 60 anos, con limitación da autonomía persoal e que non teñan rede de apoio; persoas dependentes, sen apoio familiar; e persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social. As persoas interesadas poden solicitar información ás súas traballadoras sociais nas UTES, e as solicitudes hai que presentalas a partir de mediados de novembro. "O obxectivo é manter ao máximo a capacidade de independencia e autonomía, permitindo a permanencia destas persoas nos seus propios fogares en boas condicións, e evitando o deterioro da súa calidade de vida", salientou a nacionalista María Méndez.
Vigo disporá dun mínimo de 50 prazas e un máximo de 75, explicou a edil do BNG. A concelleira indicou que no que resta de ano se investirán 15.000 euros e no 2009 uns 70.000 euros, "que poderán ser ampliados se é moita a demanda", matizou. O prezo global do menú será de 6,83 euros ao día, dos que o usuario deberá pagar 1,82 euros, o Concello, pola súa banda aboará esa mesma cantidade e o Consorico 3,19 euros.
"O programa pretende garantir unha alimentación equilibrada, de calidade e adaptada ás necesidades das persoas beneficiarias", explicou a edil do BNG, de xeito que se atenderán os casos de xeito individualizado e profesionalizado. Haberá distintas dietas, a saudable ou normal, de réxime, diabética, diabética de fácil mastigación e dieta de fácil mastigación. Ademais, segundo sinalou María Méndez, os menús incluirán primeiro prato, integrado durante catro días por hidratos de carbono (arroz, legumes, pasta ou patacas) e tres por verduras; segundo prato, composto durante catro días por carne con guarnición e tres por peixe con guarnición; e sobremesa, integrada por froita, lácteos ou derivados. Haberá tamén un menú de emerxencia, consistente en comidas preparadas especiais e máis duradeiras, para causas de forzas maior.
A concelleira de Benestar Social sinalou que os menús se levarán un día á semana, en horario de 9 a 14.30 horas, e os beneficiarios terán un número de teléfono de 9:00 a 22:00 horas para o seu servizo. Ademais, antes de iniciarse a prestación do servizo comprobarase que as persoas beneficiarias dispoñan de microondas, frigorífico, menaxe e todos aqueles elementos necesarios e, en caso de que non dispoñan deles, porase a súa disposición microondas e/ou frigorífico en réxime de depósito. "Neste concello apostamos pola calidade de vida e queremos poñer en marcha todos aqueles programas que axuden a acadar este obxectivo", salientou a edil do BNG.
O tenente de alcalde, na súa intervención, lembrou que en tempos de crise como os que estamos a vivir, a Concellería de Benestar Social é a primeira gran receptora das persoas afectadas pola situación económica, que se achegan a demandar os servizos básicos. "Quero felicitar á concelleira María Méndez e ao seu equipo polo traballo que están a desenvolver", subliñou o nacionalista, quen destacou que as persoas menos favorecidas teñen na Concellería de Benestar Social e neste goberno "un auténtico respaldo".
Descargar todas as imaxes