Escoitar

O Concello encabezará unha mesa de coordinación multidisciplinar contra a violencia de xénero

A Xunta Local de Seguridade acordou este venres crear esta mesa que aglutinará ás Policías Local e Nacional e os representantes de atención social e muller do Concello, ademáis de todos os departamentos municipais que estan involucrados na loita e prevención da violencia contra as mulleres.

venres, 17 out 2008
1224249378seg.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a creación dunha mesa de coordinación de loita e prevención contra a violencia de xénero. Así o acordou a Xunta Local de Seguridade, que se reuniu este venres para pasar revisión da situación actual e tomar algunhas decisións.

A nova mesa de coordinación incluirá ás Policías Local e Nacional e tamén aos departamentos municipais que poidan previr e loitar contra a violencia de xénero. O alcalde explicou que falará cos ámbitos en cuestión e citou a atención social e muller.

Esta decisión foi cualificada por Abel Caballero como un "paso cualitativo" dado tanto na loita contra a violencia machista como na prevención deste tipo de agresións, algo que precisa dun enfoque multidisciplinar e horizontal.

Ademais, a Xunta Local de Seguridade constatou que "Vigo segue a ser unha cidade francamente segura", afirmou o rexedor, pois a súa taxa de criminalidade, un 34 por cada 1.000 habitantes, é a metade da media das cidades españolas. Un dato que estimula á Xunta de Seguridade para continuar a coordinación e fluidez coa que traballa o organismo.

Os datos de seguridade viaria tamén son "satisfactorios", salientou o alcalde, pois descenderon nos primeiros nove meses de 2008 o número de intervencións, nun 22,9%; os accidentes con danos, 29,24%; os accidentes con vítimas, un 15,9% menos; os feridos graves, nun 40%; e os feridos leves, un 13%.
Descargar todas as imaxes