venres, 17 out 2008
Os propietarios da nave acordaron acometer pola súa conta a limpeza da mesma, polo que contratarán a unha empresa externa que retirará os residuos. O alcalde explicou que os donos estiman que lles resulta máis barato a longo prazo apuntalar, co que a demolición do forxado do primeiro andar foi descartada. O luns presentarán ao Concello o plan de acción.
venres, 17 out 2008
Protexer e divulgar o "variado, importante e descoñecido" legado arqueolóxico existente no municipio de Vigo é, segundo a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o principal obxectivo dos obradoiros que xestiona o seu departamento no Centro de Divulgación Arqueolóxico Municipal (CEDAM). Na presentación das actividades, a concelleira nacionalista salientou que Patrimonio Histórico oferta ao público iniciativas nas propias instalacións do CEDAM, no Museo Quiñones de León, na vila romana de Toralla e conta, ademais, cun museo arqueolóxico itinerante
venres, 17 out 2008
Do total, 5 ou 6 superarán os 40 metros de eslora, entre 8 e 10 serán de menos de 40 metros e os restantes serán do mesmo tamaño máis de ámbito moderno. Hoxe venres se reuniu a Comisión Executiva do Atlantic Challenge, evento ao que se sumará os grandes cruceiros que chegarán a Vigo e buques da Armada, segundo salientou Abel Caballero.
venres, 17 out 2008
A veciñanza de Cabral e San Miguel de Oia poderán gozar este domingo das representacións teatrais que integran a programación para adultos do "Vigo a Escena", que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Vigo. No caso de Cabral, a compañía Sísifo Teatro interpretará a obra "Parella aberta", mentres que en Oia a compañía Teatro Avento levará a escena a obra "A insólita historia de Jimmy Pelostristes".