luns, 13 outubro 2008

Xabier Alonso convoca á Delegación de Atletismo para informar da reforma integral das pistas de Balaídos

luns, 13 out 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convocou para mañá martes nas dependencias da Concellería de Deportes, ás 13.30 horas, aos representantes da Delegación Viguesa de Atletismo para informarlles sobre a situación administrativa e de xestión do proxecto de reforma integral das pistas de Balaídos, unha das actuacións que o edil anunciou como prioritaria para este mandato.

Profesionais internacionais se citan en Vigo no II Congreso de Tradución

luns, 13 out 2008

Os días 15, 16 e 17 de outubro celebrarase no Centro Social Caixanova o II Congreso Internacional "Tradución e Políticas Editoriais", organizado por catro docentes do Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O evento reunirá a expertos nacionais e internacionais que intercambiarán experiencias sobre a complexidade da tradución editorial.

O cromatismo de Xabier Magalhaes, a terceira mostra de arte na Alcaldía

luns, 13 out 2008

O alcalde encabezou hoxe luns a inauguración oficial da terceira exposición que acolle a Alcaldía do Concello de Vigo. Despois do arte xeométrico de Pedro Solveira, Xabier Magalhaes leva os seus trazos enérxicos e coloristas aos muros municipais o que converte ás súas obras nunha "festa para os sentidos", segungo describíu o alcalde.