Escoitar

O cromatismo de Xabier Magalhaes, a terceira mostra de arte na Alcaldía

O alcalde encabezou hoxe luns a inauguración oficial da terceira exposición que acolle a Alcaldía do Concello de Vigo. Despois do arte xeométrico de Pedro Solveira, Xabier Magalhaes leva os seus trazos enérxicos e coloristas aos muros municipais o que converte ás súas obras nunha "festa para os sentidos", segungo describíu o alcalde.

luns, 13 out 2008
1223902083Magalhanes.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este luns a inauguración oficial da terceira mostra de arte que acolle as paredes da Alcaldía do Concello de Vigo, nun acto participado por representantes membros da Corporación Municipal e polo coordinador das exposicións, o tamén artista Mingos Teixeira.

O pintor afincado en Vigo Xabier Magalhaes toma o relevo do arte xeométrico de Pedro Solveira, tamén presente na inauguración, e dispón nos muros da Alcaldía dunha colección de traballos nos que predomina a enerxía dos seus trazos e a ledicia dun cromatismo apaixonado e vitalista, reflexo do seu carácter.

Artista autodidacta, Magalhaes comezou a expor en 1990 en Vigo, para levar posteriormente a súa obra ao resto de Galicia e Portugal. A primeira mostra individual que lle supuxo o recoñecemento como artista notable entre a xuventude galega tivo lugar na Casa de la Parra, en Santiago de Compostela en 1992; impresión confirmada dous anos máis tarde cunha mostra excepcional realizada no Castelo de Soutomaior, en Arcade.

Magalhaes, quen conta con traballos no Museo Municipal de Castrelos e en coleccións institucionais, é un debuxante imaxinativo que acostuma a traballar con tintas de cores sobre papel, con pinceis de ancha banda para os seus trazos enérxicos e agresivos.

As súas obras constrúen un mundo de figuras esquemáticas, de raíz neocubista, que poden ser emparentados coa pintura francesa de Grommaire, e que supón un reflexo fidedigno do seu temperamento apaixonado e vitalista, que invita aos grandes formatos.
Descargar todas as imaxes