Xabier Alonso convoca á Delegación de Atletismo para informar da reforma integral das pistas de Balaídos
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convocou para mañá martes nas dependencias da Concellería de Deportes, ás 13.30 horas, aos representantes da Delegación Viguesa de Atletismo para informarlles sobre a situación administrativa e de xestión do proxecto de reforma integral das pistas de Balaídos, unha das actuacións que o edil anunciou como prioritaria para este mandato.
O concelleiro nacionalista quere avanzarlles o estado das conversas para converter o estadio de atletismo nunha pista válida para calquera tipo de competición e acorde coas demandas cidadás.
Este verán, e de xeito inmediato para a disputa do Campionato de España de 10.000 metros, o Concello investiu 45.000 euros en reformas básicas e urxentes (chan plástico para vestiarios, nova caldeira de auga quente, adquisición dun rodete absorbente, mellora do alumado, pintura para vestiarios...).
A reforma integral das pistas de resisport de Balaídos é unha das iniciativas que contempla o plan de infraestruturas con que Vigo compite para obter a organización dos Xogos Mundiais Universitarios de 2015.
Ademais, o concelleiro quere explicarlle á directiva que preside Eleuterio García como será o novo convenio de mantemento das pistas municipais, que anualmente asinan Concello e delegación da Federación Galega para que esta xestione a instalación.