xoves, 16 out 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este xoves o éxito que dende a primeira convocatoria, hai xa cinco anos, ten acadado entre os profesionais o Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen, que se celebrará entre o 21 e o23 de outubro no Instituto Feiral de Vigo. O tenente de alcalde tamén subliñou na presentación do evento, no que estivo acompañado pola responsable da empresa organizadora, Ana Montenegro, o director de Márketing de Caixanova, Jorge Santo e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, que este certame estase a converter "nun clásico da programación do recinto feiral vigués".
xoves, 16 out 2008
A Xerencia de Urbanismo comunicou o inicio do planeamento e xestión do ámbito Eixo Avenida de Castelao-Avenida de Europa, que implica que en dous anos e medio, estimou o alcalde este xoves, poida estar prolongado ata Samil o parque verde de Castelao. Abel Caballero definiu esta actuación como algo que "Vigo estaba agardando desde fai décadas".
xoves, 16 out 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Exteriores, Julio Fernández Mato, mantiveron este xoves un encontro no que acordaron que o Concello redacte o convenio de cesión das aproximadamente seis oficinas que precisa a Agrupación no edificio municipal do Areal, o antigo Reitorado. Vigo se converterá así na "capital real da Eurorrexión", salientou o rexedor.