Escoitar

O alcalde inicia as xestións para ampliar o Festival Aéreo de Vigo

Abel Caballero e Pablo González, membro do Comité organizador do Festival Aéreo internacional de Vigo, acordaron hoxe mércores iniciar os contactos institucionais para mellorar e ampliar a edición de 2009. Así, o alcalde se entrevistará co embaixador de EE.UU. e con responsables do ámbito aéreo europeo e do Exército do Aire español. O obxectivo é convertir ao de Vigo no "festival aéreo máis importante de Europa".

mércores, 15 out 2008
1224074460FAV.JPG
Abel Caballero e Pablo González, membro da organización do Festival Aéreo Internacional de Vigo se entrevistaron este mércores para analizar o resultado da edición de 2008 e comezar a preparar a de 2009.

O resultado do Festival de 2008 e a organización foi "francamente bo", sinalou o alcalde, o que consolidou ao de Vigo como o "festival aéreo máis importante de España", pero Abel Caballero avanzou que o obxectivo pasa por convertelo no "máis importante de Europa".

Para conseguilo, o alcalde anunciou que dará comezo ás entrevistas institucionais precisas para ampliar, con respecto á última edición, a presencia de aeronaves e da Armada e incluso barallou a participación do Exército de Terra, segundo apuntou.

Abel Caballero iniciará asemade entrevistas co responsable do ámbito aéreo europeo e co embaixador de Estados Unidos para conseguir unha maior participación de ambos. Tamén indicou o rexedor vigués a súa vontade de que se involucre a industria aeronáutica española, polo que iniciará as entrevistas para acadar a cooperación das empresas construtoras de avións.

Segundo explicou o alcalde, o Exército do Aire considera o Festival Aéreo Internacional de Vigo como "o máis interesante" para eles, e Abel Caballero manifestou a súa intención de que participen os seus últimos helicópteros.

Parada naval
O alcalde anunciou que xa ten solicitada unha entrevista co Xefe da Armada para proporlle a "presenza activa" da armada española en Vigo. Abel Caballero pretende que a Ría de Vigo acolla "unha gran parada naval" e incluso un desembarco, unha pretensión que require de tres ou catro años de preparación, explicou.
Descargar todas as imaxes