Escoitar

Xabier Alonso anuncia un acordo coa Xunta para a reforma integral das pistas de atletismo de Balaídos

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe a unha representación da Delegación Viguesa de Atletismo que a reforma integral do estadio de atletismo de Balaídos "é prioritaria" para o seu departamento e avanzou que xa "hai un compromiso da Xunta", a través da Dirección Xeral para o Deporte, para asinar un acordo que permita resolver os problemas dunha instalación anticuada. A solución chegará mediante a sinatura dun convenio de colaboración "que agora xa está na fase de redacción polos técnicos", dixo o concelleiro.

martes, 14 out 2008
1223998251Reu.JPG
O edil nacionalista asegurou que unha reforma destas características "necesita axuda orzamentaria" externa ao Concello, por iso recurriu á Consellería de Cultura e Deporte. Ao remate da xuntanza Xabier Alonso explicou que xunto á directora xeral para o Deporte, Marta Souto, visitará as pistas de resisport "en quince ou vinte días" para analizar sobre o terreo a reforma. Xabier Alonso asegurou que a directora xeral "está encantada de colaborar neste proxecto porque tamén ve esa necesidade".

O conelleiro salientou que "o atletismo vigués ten unha historia que non se pode esquecer" e é preciso dar resposta as súas demandas. O Concello xa realizou este verán algunhas actuacións urxentes no estadio por 45.000 euros "pero sabíamos que non eran a solución definitiva", di Xabier Alonso. A súa intención é que a nova pista de atletismo "esté rematada neste mandato".

O concelleiro explicou, ao longo dos 40 minutos da reunión informativa, que as obras "se realizarán por fases para que os trastornos á marcha das competicións sexan mínimos". No proxecto construtivo plantéxase un módulo cuberto "para que os atletas poidan adestrarse en invierno". Tamén está prevista a reforma de toda a bancada, con novos vestiarios, ximnasio e almacén, entre outras actuacións.

Na xuntanza, o conecelleiro tamén trasladou ao representantes da Delegación Viguesa de Atletismo a necesidade de clarexar diferentes cuestións en relación ao convenio que existe para a utilización da instalación. Xabier Alonso asegurou que existe un bo entendemento e que tanto o Concello como a Delegación coinciden en cales son as prioridades.
Descargar todas as imaxes