Escoitar

Iolanda Veloso inaugura o curso de formación de monitoras na promoción da igualdade de oportunidades

A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, inaugurou este mércores o curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No acto, agradeceu o interese das persoas participantes na iniciativa, en especial aos homes que amosaron o seu interese. O curso desenvolverase ata o 13 de novembro e está dirixido a persoas con formación nas ciencias sociais e/ou cunha especial sensibilización co enfoque de xénero.

mércores, 15 out 2008
1224075203C.JPG
A edil do BNG sinalou que aínda quedan "moitas cousas por facer na vida cotiá a prol da igualdade", polo que salientou que estas xornadas sirvan "de reflexión sobre a nosa sociedade e proporcionen ferramentas para modificar a situación actual". Na súa intervención, Iolanda Veloso explicou que no curso, que terá unha duración de noventa horas, trataranse cuestións básicas relacionadas co xénero como a coeducación, a problemática concreta de adolescencia, a sexualidade e a elaboración de proxectos de igualdade.

"Cunha metodoloxía participativa, nas diferentes xornadas tamén se profundizará no traballo con grupos e no deseño, xestión e avaliación de accións positivas no marco da igualdade de oportunidades", explicou a concelleira de Igualdade, quen subliñou que un dos obxectivos fundamentais radica na formación de monitoras para desenvolver actividades relacionadas coa igualdade e dirixidas á comunidade educativa e a xente nova.
Descargar todas as imaxes