Urbanismo inicia o proceso para ampliar os xardíns de Castelao ata Samil
A Xerencia de Urbanismo comunicou o inicio do planeamento e xestión do ámbito Eixo Avenida de Castelao-Avenida de Europa, que implica que en dous anos e medio, estimou o alcalde este xoves, poida estar prolongado ata Samil o parque verde de Castelao. Abel Caballero definiu esta actuación como algo que "Vigo estaba agardando desde fai décadas".
Urbanismo comunicou hoxe xoves o inicio do planeamento e xestión do ámbito Eixo Avenida de Castelao-Avenida de Europa, o que implica a continuación dos xardíns de Coia ata Samil.
Segundo estimou o alcalde en rolda de prensa posterior á Xerencia, o Concello podería ter rematada a execución desta obra "en dous anos e medio", "algo que a cidade levaba agardando desde fai décadas", valorou o alcalde, quen se mostrou satisfeito da posta en marcha do ámbito.
Plan Especial do Ensanche
Hoxe xoves tamén se reuniu a Comisión do Plan Especial de Protección do Ensanche do centro de Vigo, PEC, un encontro no que se acordou acelerar os trámites para que "en dous ou tres meses" estea rematado o Plan.
Mentres tanto, explicou o alcalde posteriormente, "nin un so edificio singular" do centro será modificado, xa que precisa da aprobación previa desta Comisión presidida polo propio Abel Caballero.
O rexedor quixo deixar claro que "non haberá aprobacións automáticas" de licenzas no centro, co que se "garante a integridade do patrimonio arquitectónico da cidade", subliñou.
Ademais, os redactores do Plan elaboraron un catálogo previo que inclúe e analiza todos os edificios do ámbito e recomenda o modo de ser tratados. Este informe técnico se une á protección que efectúa a Comisión do PEC, explicou Abel Caballero, co obxectivo de non denegar por sistema licenzas se non é preciso, o que prexudicaría á iniciativa privada.
Descargar todas as imaxes