Escoitar

O alcalde estima que entre 25 e 30 barcos atracarán en Vigo no Desafío Atlántico 2009

Do total, 5 ou 6 superarán os 40 metros de eslora, entre 8 e 10 serán de menos de 40 metros e os restantes serán do mesmo tamaño máis de ámbito moderno. Hoxe venres se reuniu a Comisión Executiva do Atlantic Challenge, evento ao que se sumará os grandes cruceiros que chegarán a Vigo e buques da Armada, segundo salientou Abel Caballero.

venres, 17 out 2008
1224249473atlantic.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu hoxe venres a Comisión Executiva do Atlantic Challenge, o Desafío Atlántico, que se celebrará en Vigo en 2009 e que reunirá entre 35 e 30 barcos, segundo indicou o propio rexedor vigués.

O alcalde expuxo o problema de atraque co que previsiblemente contará a cidade, e polo que a Comisión acordou combinar o atraque dos barcos do Desafío Atlántico cos grandes cruceiros que chegarán a Vigo nesas datas e os buques da Armada, aos que Abel Caballero solicitará a súa participación.

Os barcos non permanecerán así atracados durante os catro días do evento senón que irán rotando, o que se converterá nunha "interacción de cambio de escenario continuo", argumentou o alcalde, e nunha "exposición nova e satisfactoria".

Abel Caballero indicou que se mobilizarán preto de 200 voluntarios, que deberán falar inglés, aos que se sumarán un mínimo de 25 becarios, que poderán realizar a travesía Vigo-Tenerife, que levará entre 10 e 15 días, costeado pola regata. O Concello publicitará o prazo de inscrición para os interesados.

Ademais, o 14 e 15 de novembro, unha delegación do Desafío Atlántico viaxará a Halifax, lugar de finalización da regata, onde comezará a elaborar o proxecto e o programa, explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes