Modificacións na circulación viaria
<br />
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcion do Parquing de
Jenaro de la Fuente, a realizar pola empresa Puentes Infraestructuras, e para garantir a
mobilidade na zona establécense as seguintes modificacións na circulación viaria:estarán pechadas ao
tráfico, con acceso exclusivo para garaxes, o treito entre Vizcaia e Jenaro de la Fuente das rúas
Numancia e Cataluña. Establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: Numancia, entre
Vizcaia e Asturias, con sentido cara á rúa Asturias. Asturias, entre Numancia e Extremadura, con
sentido cara á rúa Extremadura. A rúa Jenaro de la Fuente, entre Aragón e Travesía de Vigo, no
sentido cara a Travesía de Vigo, queda de uso exclusivo para transporte colectivo (Bus e Taxi) .
Asemade, non se permite o xiro á esquerda dende a rúa Jenaro de la Fuente cara á rúa Extremadura.
Nin o xiro á esquerda na saída da rúa Maruja Mallo. Non se permite o xiro á esquerda (excepto taxi)
nas saídas das rúas Numancia, León e Cataluña. Nin o xiro á dereita (excepto taxi) na saída da rúa
Extremadura dende o martes 21 de outubro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de
seis meses.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.
Prégase a máxima atención á sinalización.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.