Comeza no Marco a programación audivisual de ArtFutura
O próximo 23 de outubro comeza no MARCO o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.
Neste ano 2008, a exposición ‘Máquinas e almas’, impulsada por ArtFutura e comisariada por Montxo Algora, presentouse no Museo Nacional Reina Sofía de Madrid. A mostra, que presta o seu título para esta edición, presenta pezas esenciais da arte dixital da última década e afonda no feito de que, a comezos do século XXI, arte e ciencia discorren por camiños paralelos.
O programa audiovisual de ArtFutura 2008, compartido por todas as cidades que forman parte de CircuitoFutura, inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais. Entre os especiais, o documental ‘Das Netz’ de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.
O programa terá lugar no salón de actos do Marco en horario de xoves e venres, de 20.00 a 21.30
e sábados, de 18.00 a 21.00
NOTA/ AVISO:
Como excepción, o venres 24 de outubro non haberá proxeccións, por coincidir coa xornada inaugural da exposición ‘Suso Fandiño’.
Como excepción, o domingo 16 de novembro haberá proxeccións, por coincidir coa Festa do 6º aniversario do MARCO.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO