Escoitar

O Puntoxove acolle a proxección das imaxes da "Expedición Feminina á Cordilleira dos Andes"

No marco do Espazo Proxecta, o primeiro andar do Puntoxove da Concellería de Xuventude, acolle mañá, 23 de outubro, a proxección das imaxes da "Expedición Feminina á Cordilleira dos Andes". Ademais, o venres día 24 sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil desta concellería. De 10:00 a 13.30 horas estará ubicado na Praza de América.

mércores, 22 out 2008
1224678605puntoxove.jpg
Mañá 23 de outubro, ás 18.30 horas, no primeiro andar do Puntoxove, dentro do Espazo Proxecta, poderán verse imaxes da "Expedición Feminina a Cordilleira dos Andes". Trátase dunha aventura protagonizada por Olivia Vidal, Teresa García e Concepción Barciela no ano 2007, co obxectivo de alcanzar os cumios dos volcáns San José e Ojos del Salado, o volcán máis alto do mundo.

O Puntoxove dispón dun Espazo Artístico ideado para que o colectivo novo desenvolva as súas inquedanzas artísticas e culturais de diferentes modalidades, como pintura, fotografía, e proxeccións audiovisuais, entre outras alternativas, co obxectivo de facilitar a promoción dos novos valores artísticos. Neste marco, o Espazo Proxecta é un servizo aberto a todas as persoas interesadas en realizar proxeccións, que poden solicitalo no propio Puntoxove de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas pola mañá e de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas, ou ben na web www.xuventudevigo.org.

Por outra banda, o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellería de Xuventude de Vigo, Infobús, sairá novamente á rúa; en concreto o venres 24 de outubro estará na Praza de América de 10:00 a 13:30 horas. Nel pódese tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudios, emprego ou actividades de ocio.
Descargar todas as imaxes