Escoitar

O alcalde garante ao presidente da CEP a realización dos grandes proxectos da cidade "en tempo e forma"

Abel Caballero e Fernández Alvariño se entrevistaron este xoves e pasaron revisión ao estado dos grandes proxectos para Vigo. O alcalde ratificou que a conexión directa a Madrid da Alta Velocidade estará rematada no 2012 e lle transmitiu que está a seguir os trámites da obra "con velocidade e con premura".

xoves, 23 out 2008
1224767756cep.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, mantiveron este xoves unha entrevista "moi positiva", valorou o alcalde, na que ambos pasaron revisión ao estado dos grandes proxectos, que se realizarán "en tempo e forma", segundo lle indicou o propio Abel Caballero.

O alcalde explicou que "non existe posibilidade de gastar no 2009 máis" do orzamentado polo estado na realización da conexión ferroviaria directa da alta velocidade Vigo-Madrid, pois a obra está na fase previa de estudio de impacto ambiental. "Non é cuestión de recursos económicos", subliñou, "senón de cumprir os prazos", tal e como o garantiu a ministra de Fomento na súa visita a cidade, indicou o alcalde.

Abel Caballero, quen ratificou o 2012 como data de finalización das obras da Alta Velocidade a Madrid por Cerdedo, afirmou que está a seguir persoalmente a tramitación medioambiental "con velocidade e premura" para o cumprimento dos prazos. "Estamos na fase dunha obra", explicou o rexedor, "que se fai pero non se ve, como di César Portela".

Tras un encontro que Abel Caballero considerou satisfactorio, o alcalde salientou que acordou co presidente da CEP manter unha próxima reunión con toda a directiva da Confederación de Empresarios da Provincia.
Descargar todas as imaxes