Stepmanía e multiculturalidade nas "Tardes e Noites Vivas"

venres, 2 nov 2007

Unha nova actividade, a Stepmanía, terá lugar este venres a partir das 21.00 horas dentro do programa da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas". A Stepmanía é un videoxogo de simulación de baile que fai que os xogadores teñan que movesrse ao ritmo marcado na pantalla sobre unha alfombra con diferentes sinais que lle facilitan a tarefa.

A Disco Light celebra a Festa do Apagón

venres, 2 nov 2007

Os mozos e mozas de Vigo poderán brillar con luz propia este sábado na Disco Light, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar a Festa do Apagón, na que os que realmente resaltarán serán os participantes, pois portarán pulseiras e colares luminosos que se lles entregarán gratuitamente ao adquirir a entrada.

Xuventude apoia a Disco Light para mozos e mozas de 14 a 18 anos

venres, 19 out 2007

Ofrecer un espazo de lecer seguro e onde os mozos e mozas de 14 a 18 anos poidan gozar dunha maneira saudable. Este é o obxectivo principal da Disco Light, na que teñen música, actividades de animación e información preventiva sobre drogas os sábados e festivos de 18.00 a 21.30. Esta iniciativa foi posta en marcha a finais de setembro na Sala A! (avenida de Beiramar, 113) e conta xa coa colaboración da Concellería de Xuventude.

Comeza a nova programación de "Súbete ao Castro"

venres, 21 set 2007

A concelleira de Mocidade, Iolanada Veloso, presentou este venres a nova programación de "Súbete ao Castro" e salientou que o prazo para inscribirse aos cursos gratuítos do programa de lecer alternativo están abertos dende o día 17 de setembro e que teñen prazas limitadas.