Comeza a nova programación de "Súbete ao Castro"
A concelleira de Mocidade, Iolanada Veloso, presentou este venres a nova programación de "Súbete ao Castro" e salientou que o prazo para inscribirse aos cursos gratuítos do programa de lecer alternativo están abertos dende o día 17 de setembro e que teñen prazas limitadas.
Coma nos últimos anos e coincidindo co inicio do curso escolar comeza os prazo para as inscricións aos cursos ofertados polo programa "Súbete ao Castro", iniciativa da concellería de Xuventude. Todos os cursos son gratuítos e só se precisa cumplimentar un formulario de solicute nas dependencias do programa para pasar a formar parte dalgún deles.
O Programa ten tres liñas de actuación e oferta cursos para cada unha delas. Estas liñas de actuación son: Castroensaios, que oferta cursos de formación musical de iniciación, como poden ser pandeireta ou guitarra eléctrica, e un local de ensaio para grupos da cidade; Cibercastro, onde se tratan temas informáticos e novas tecnoloxías, promovendo de maneira destacada o software libre, con cursos de mecanografía e iniciación a OpenOffice con GIMP entre outros; e Castroescena, parte do programa na que a mocidade ten a oportunidade de coñecer aspectos das artes escénicas e que este ano oferta cursos de Break Dance, danza oriental ou iniciación ao teatro.
De entre as novidades de este ano está o curso de BMX Freestyle, onde as mozas e mozos interesados aprenderán a manexar as súas bicicletas BMX no half do Parque do Castro, e o servizo de apoio á promoción de grupos musicais, un servizo que prestará asistencia aos grupos para que fagan a súa propia web, blog e vídeos co obxecto de difundir o seu traballo.
Descargar todas as imaxes