xoves, 20 setembro 2007

"Reciclavidrio en ruta" chega á praia de Samil

xoves, 20 set 2007

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago e o xerente da asociación Ecovidrio, Germán Fernández, <br /> presentaron unha campaña de concienciación sobre a importancia da reciclaxe de vidro para o coidado do medio ambiente. A campaña co nome de "Reciclavidrio en ruta" estará na praia de Samil desde o día 20 ata o domingo 23 de setembro.

Programación dos último trimestre do ano do MARCO

xoves, 20 set 2007

O concelleiro de Cultura, Xesús López e o director do Marco, Iñaki Martínez Antelo, presentaron o avance das actividades que terán lugar Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos vindeiros meses: exposicións temporais, concertos e festivais, programación audiovisual, programación didáctica, cursos e talleres, actividades da Agrupación de Amigos, programación da Biblioteca-Mediateca, e moi especialmente as celebracións asociadas ao 5º aniversario.