O Concello agradece o apoio recibido para a organización do Mundial de Hockey
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, asegurou este venres que o Mundial de Hockey sobre Patíns que terá lugar en Vigo e Pontevedra en 2009 "vai ser o mellor de cantos se teñen celebrado".
Domínguez estivo acompañado este venres pola directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto; o presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua; o presidente da Federación Galega, Enrique García-Raposo; o presidente do Vigo Stick, Enrique Urdiales, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, para mostrar a súa confianza no éxito desta cita deportiva. "Non van saír defraudados", afirmou o tenente de alcalde, quen aproveitou a ocasión para agradecer a axuda de todas as instiuticóns que apoiaron "desde o principio" a celebración do Mundial en Vigo.
A cidade olívica tivo que competir coas candidaturas de Alcobendas e Cáceres para acoller este evento. Neste sentido, Enrique García-Raposo asegurou que "a Federación Española elixiu Vigo porque é o mellor proxecto".
Entre as facetas positivas do Mundial de Hockey a Patíns figura a promoción deste deporte entre a poboación de Vigo e a súa área de influencia, especialmente entre os máis pequenos. Neste sentido manifestáronse Enrique Urdiales e Xabier Alonso, así como Marta Souto, quen indicou que desde a Xunta "estamos xa traballando nun plan de desenvolvemento do hockey desde a base".
Pola súa parte, Carmelo Paniagua tamén dixo que o de Vigo vai ser "o mellor Mundial da historia", e que para iso a nosa cidade conta "con toda a confianza da Federación Española". Paniaugua engadiu que "ata o ano 2009 Vigo é a capital mundial do hockey sobre patíns", polo que terá que realizar ata esa data un esforzo de imaxe a nivel nacional e internacional.
Descargar todas as imaxes