Escoitar

Convocatoria de catro bolsas para a realización de prácticas nas oficinas de Información e servizos turísticos

<br />

venres, 21 set 2007
Comunícaselles a todas as personas interesadas que as bases da convocatoria de catro becas para a realización de prácticas nas oficinas e servicios de promoción turística están no servicio de Información do Concello de Vigo a disposición dos/as interesados/as.

As bases mencionadas constitúen unha axuda pecuniaria para a obtención da debida formación dos beneficiarios/as e, en ningún caso, supoñen ningún tipo de relación laboral ou contractual co Concello.

REQUISITOS

Poderán optar ás bolsas

- Os/as diplomados/as en empresas e actividades turísticas
- Os/as técnicos/as superiores en información e comercialización turística
o Estudiantes do 3º curso da Diplomatura de Turismo que teñan aprobado todo primeiro e todo segundo

PERIODO DE DURACIÓN DA BOLSA
Do 15 de outubro de 2007 ó 15 de xuño de 2008.
A dotación económica da totalidade da bolsa será de 7.200 € polos oito meses (o importe da axuda será obxecto das correspondientes retencións)

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículo vitae e todos e cada un dos documentos esixidos na base 7ª da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.

A decisión da comisión de avaliación publicarase no taboleiro de editos do Concello.

Para máis información: 986 81 01 99 // 986 81 02 16