Escoitar

Conta con Elas financia a apertura dun novo "Banco do Tempo" en Valladares

O Proxecto Conta con Elas adxudica ao Centro Cultural Artístico e Reacreaivo de Valladares a posta en marcha dun novo "Banco do Tempo", o que fará, xa, un total de seis bancos no municipio de Vigo. Este Banco será xestionado conxuntamente polo Centro Cultural A.R. Valladares, a Asociación de Mulleres "Pedra Vella" e a Asociación da 3ª idade "Nevox".

venres, 21 set 2007
1190374859contaconelas210907.jpg
Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilación en materia de igualdade de oportunidades entre homes e melleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral.

O Banco do Tempo, iniciativa impulsada de xeito experimental por Conta con ellas, é o primeiro Banco que funciona sen cartos. Neste banco únicamente se pode depositar tempo, que se retira no momento de ser utilizado. A dinámica de funcionamento consiste en que unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día

Este proxecto de Conta con Elas, nunha primeira fase, organizou un obradoiro de formación para a posta en marcha e mantemento dos bancos, que estaba dirixida a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo. Xa nunha segunda fase, Conta con Elas está a impulsar e financiar a creación de Bancos do Tempo na cidade. O Centro Cultural A.R. Valladares, que ten a súa ubicación na Sé Social do mesmo Centro Cultural, financiarase por Conta con Elas, como o resto dos bancos, até o mes de decenbro, mes no que comezarán a financiarse polas propias asociacións.
Descargar todas as imaxes