Avenllentamento activo contra o Alzheimer
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este venres, con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer, o desenvolvemento dun plan municipal de avellentamento activo "para que sexa unha realidade ao final deste mandato".
Este ano, o Día Mundial do Alzheimer está dedicado aos coidadores das persoas que padecen esta enfermidade. En Galicia hai arredor de 50.000 enfermos de Alzheimer rexistrados e uns 150.000 coidadores. María Méndez recordou que a maioría das persoas dedicadas ao coidado de enfermos de Alzheimer son mulleres que teñen que facer fronte a un "déficit moi grande" no que respecta á axuda que reciben por parte das administracións.
Para contribuír a paliar estas carencias, o Concello colabora actualmente na cesión dos terreos para a posta en marcha, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, dun novo centro de día na rúa O Grove, no que os enfermos de Alzheimer poderán recibir unha atención especializada. Ademais, o Concello dispón de terreos no PAU de Navia para a construción, por parte da administración autonómica e entidades privadas, dunha residencia asistida para persoas maiores, cunha capacidade de 150 prazas.
María Méndez anunciou estas medidas este venres nunha rolda na que estivo acompañada por Juan Carlos Rodríguez, presidente da asociación AFAGA, dedicada a prestar axuda aos enfermos de Alzheimer e aos seus familiares.
Descargar todas as imaxes