Escoitar
Muller

Inscrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural para mulleres "Ti es a protagonista"

<br /> <br />

venres, 21 set 2007
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que do 24 de setembro ao 10 de outubro de 2007 comenza o prazo para a inscrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural para mulleres : "Tí es a protagonista".

Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos.

As mulleres interesadas nun ou máis cursos poden inscribirse no local da asociación que o vaia a realizar, sexa ou non socia da asociación. De ter algún curso máis demanda que número de prazas, as asociacións e vogalías da muller seleccionarán ás alumnas priorizando ás mulleres do barrio, sexan ou non socias.

As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7.-€ , por alumna, en concepto de matrícula.

Relación de cursos: comunicación e habilidades persoais, saúde, ximnasia, fotografía, coñecemento do contorno, pintura, axilidade mental e prácticas de memoria, repuxado de estaño, decoración en vidro, candeas e xabóns artesanais, percusión e canto tradicional, inglés, iniciación á informática, reciclaxe e decoración de obxectos, esmalte, arte floral, repuxado de cerámica, danza, risoterapia, cestería, teatro, tai-chi, batuka, pilates, patinaxe, e masaxe.

O periodo de realización dos cursos abrangue dende o 15 de outubro de 2007 ao
24 de febreiro de 2008.

Inscricións: Nas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.

Máis información: Na Concellería de Igualdade.1ª planta da Casa do Concello.Telefóno 986-810 284 ou na páxina web do Concello: www.vigo.org