A Disco Light celebra a Festa do Apagón
Os mozos e mozas de Vigo poderán brillar con luz propia este sábado na Disco Light, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar a Festa do Apagón, na que os que realmente resaltarán serán os participantes, pois portarán pulseiras e colares luminosos que se lles entregarán gratuitamente ao adquirir a entrada.
A Disco Light conta co apoio da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, coa intención de pór á disposición dos mozos e mozas espazos lúdicos e de diversión seguros e saudables.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806, www.xuventudevigo.org.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806, www.xuventudevigo.org.