venres, 2 novembro 2007

Stepmanía e multiculturalidade nas "Tardes e Noites Vivas"

venres, 2 nov 2007

Unha nova actividade, a Stepmanía, terá lugar este venres a partir das 21.00 horas dentro do programa da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas". A Stepmanía é un videoxogo de simulación de baile que fai que os xogadores teñan que movesrse ao ritmo marcado na pantalla sobre unha alfombra con diferentes sinais que lle facilitan a tarefa.

A Disco Light celebra a Festa do Apagón

venres, 2 nov 2007

Os mozos e mozas de Vigo poderán brillar con luz propia este sábado na Disco Light, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar a Festa do Apagón, na que os que realmente resaltarán serán os participantes, pois portarán pulseiras e colares luminosos que se lles entregarán gratuitamente ao adquirir a entrada.