martes, 13 feb 2007
O Hotel Los Galeones de Vigo acollerá o próximo 24 de febreiro a Festa da Lamprea organizada grazas á colaboración entre a Cámara Municipal de Penafiel (Portugal) e o Concello de Vigo, nunha iniciativa canalizada através da Fundación Luso-Galaica.
A feira de eventos turísticos é a máis importante do mundo coa presencia de 202 países e 48.211 profesionales do sector
luns, 6 nov 2006
Turismo de Vigo e o Patronato de Turismo Rías Baixas presentan mañá no World Travel Market (WTM) de Londres o programa Vigo Escapadas. Vigo Escapadas é un conxunto de paquetes turísticos impulsados pola Asociación de Hostelaría de Vigo (Ahosvi), co apoio da Concellaría de Turismo de Vigo e do Padroado de Turismo Rías Baixas, que permite descubrir catro formas de coñecer a cidade: Vigo golf, Vigo náutica, Vigo gastronomía e Vigo cultural.
venres, 6 out 2006
A Asociación de Hostelaría de Vigo (Ahosvi), co apoio da Concellaría de Turismo e do Padroado de Turismo Rías Baixas, vai ofrecer estancias curtas de carácter gastronómico, deportivo, náutico e cultural a prezos competitivos para atraer visitantes de Portugal, do resto de Galicia e de comunidades autónomas próximas.
venres, 6 out 2006
La Asociación de Hostelería de Vigo (Ahosvi), con el apoyo de la Concejalía de Turismo y del Patronato de Turismo Rías Baixas, va a ofrecer estancias cortas de carácter gastronómico, deportivo, náutico y cultural a precios competitivos para atraer visitantes de Portugal, del resto de Galicia y de comunidades autónomas próximas.
luns, 25 set 2006
A concelleira Lucía Molares presentou o 1º Concurso de Fotografía Turismo de Vigo co obxecto de promover os recursos turísticos coa participación cidadá en torno a esta idea e desenvolver unha serie de actividades complementarias en torno ao turismo. As fotografías terán como tema a cidade de Vigo en calquera dos seus aspectos turísticos: náutica, gastronomía, natureza, cultura, etnografía…
mércores, 20 set 2006
A alcaldesa, Corina Porro, e a concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentaron hoxe mércores os novos proxectos turísticos para os anos 2006 e 2007. Con eles, o Goberno municipal quere avanzar sobre o xa conseguido co programa de traballo actualmente vixente e posicionar a Vigo, a medio prazo, como cidade de referencia do turismo náutico-urbano do Atlántico peninsular.
mércores, 13 set 2006
<br />
<br />
<br />
Os próximos días 16 e 17 de setembro celebrarase no recinto Feiral de IFEVI de Vigo A " XLIX Exposición Nacional Canina e a XIX Exposición Internacional Canina de Galicia". Esta é a primeira vez que se celebra en Galicia unha exposición co punto valedor para o Campionato de España de Beleza da Real Sociedade Canina de España (RSCE), motivo polo que os cans gañadores en cada unha das razas obterán o punto obrigatorio para conseguir o título de Campión de España. Así mesmo os ganadores obterán un punto para alcanzar o título de Campión Internacional de Beleza da Federación Cinológica Internacional (FCI).
Participan 70 barcos, 120 regatistas e 30 clubes en 12 modalidades de catamaráns a velas
venres, 30 xuñ 2006
Os participantes da III Raid Rías Baixas de Catamaráns a Vela comezaron a navegar as augas da ría de Vigo hoxe venres, partindo da praia do Vao nun acto ao que asistiu a concelleira de Turismo, Lucía Molares.
xoves, 22 xuñ 2006
A concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou hoxe xoves o punto de información turística situado á entrada da rúa Príncipe, unha das cinco novas oficinas que o Concello acaba de situar en distintos puntos da cidade. As outras catro están na praza de España, a praza do Rei, o porto e a entrada á estación de tren.