Vigo presenta a súa oferta turística en Fitur 2006

martes, 24 xan 2006

A oferta turística de Vigo estará presente na XXV edición de Fitur en Madrid, que permanecerá aberta do 25 ao 29 de xaneiro. Vigo é o primer referente de turismo de cidades de Galicia, xa que conta coa maior infraestructura hoteleira e hostaleira da comunidade.

"Vigomar 2005" converterá a nosa cidade en capital do marisco

mércores, 7 set 2005

O porto do Berbés acollerá, desde o venres 9 ata o domingo 11 de setembro, as III Xornadas Gastronómicas e Marisqueiras "Vigomar 2005", nas que a degustación dos productos da nosa ría será acompañada de música folclórica, exposicións, fútbol sala e inchables para os máis pequenos.

O "Galaico Exprés" promocionará a Volvo

martes, 6 set 2005

A concellería de Turismo con motivo da Volvo Ocean Race está a levar a cabo un plan de actividades no que figura a posta en marcha do "Galaico Express", un tren de época que viaxará as fins de semana de setembro entre as estacións de Vigo, Ourense e Monforte pola ruta do Miño e a Ribeira Sacra.

O buque escola da Armada "Juan Sebastián de Elcano" visita Vigo

venres, 8 xul 2005

A alcaldesa, Corina Porro, ofreceu hoxe venres unha rolda de prensa xunto co comandante de Marina Tomás Nodar e o regatista Pedro Campos para dar conta dos actos previstos para o sábado, o domingo e o luns con motivo da visita a Vigo do buque escola da Armada Española "Juan Sebastián de Elcano".