martes, 18 xan 2005
Turismo de Vigo presentará a súa campaña de promoción para este ano no marco da Bolsa de Turismo de Lisboa, que se celebrará do 19 ó 23 de xaneiro no Parque das Nacións.
xoves, 13 xan 2005
Turismo de Vigo promocionará a cidade como destino turístico a partir do 15 de xaneiro no salón náutico de Düsseldorf, cun stand propio no pavillón de Turespaña. Ademais, Turismo de Vigo dará a coñecer o programa gratuíto "Vigo a vela", co que pretende fomentar esta actividade.
mércores, 12 xan 2005
A Concellería de Turismo aprobou o seu calendario feiral para o ano 2005, incrementando a súa presencia promocional tanto a nivel nacional como internacional.
venres, 3 dec 2004
Por primeira vez, a Concellería de Turismo disporá dun stand propio, onde se promocionará a cidade como destino turístico e, especialmente, o turismo naútico.
martes, 30 nov 2004
O acto, celebrado no auditorio do Museo Marco, rematou coa tirada de varias decenas de globos con forma de corazón, icono principal da campaña.
xoves, 30 set 2004
A alcaldesa, Corina Porro, e mailo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesús Pérez Varela, presentaron o xoves o proxecto "Ilumina". Unha clara aposta polo patrimonio da cidade que a concellería que preside Lucía Molares porá en marcha o vindeiro mes de outubro coa iluminación dinámica de edificios coma a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, a Biblioteca Central e a Ponte de López de Neira.
venres, 10 set 2004
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, presentou o venres a nova campaña que levará a cabo o seu departamento. A creación dunha marca líder e a difusicón da cidade nos novos mercados serán o punto de partida do seu Plan de Actuacións 2004-2007.
venres, 3 set 2004
Os servizos turísticos da Concellería de Turismo atenderon a 56.977 persoas durante os meses de xullo e agosto, o que supón un incremento do 60% con respecto ao mesmo período do ano pasado. Os datos presentounos en rolda de prensa a concelleira de Turismo, Lucía Molares.
venres, 6 ago 2004
As Oficinas de Información Turística atenderon en xullo a un total de 21.445 persoas, un 15% máis que o ano pasado, ao tempo que os hoteis de catro e tres estrelas experimentaron un crecemento de 12 e 5 puntos respectivamente gracias á celebración da Eurocopa de Fútbol no país veciño.
mércores, 28 xul 2004
A publicación recolle a ubicación e explicación de cada establecemento, comercio e servicio que practicarán descontos aos usuarios da tarxeta turística. A guía será entregada gratuitamente ao mercar a VigoCard, á venda dende o pasado luns nas oficinas de información turística de A Pedra e a praza do Rei e que se poderá adquirir nos hoteis de catro e tres estrelas da cidade máis adiante.